
Na mañá deste lúns o candidato do BNG, Manuel Polo comprometeuse en Ferrol a reclamar no Congreso que o Ministerio de Defensa pague unha compensación económica á cidade. Polo considera que o Ministerio de Defensa, xa que non paga impostos municipais como o IBI, debe contribuir economicamente con Ferrol por todos os terreos que ocupa.
Xunto ao candidato á Alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, Manuel Polo recalcou que a limitación de ingresos lastra a operatividade do concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa non pode “condicionar a economía municipal nin o desenvolvemento urbanístico e lembrou que Defensa ocupa un 20% do espazo urbano de Ferrol”.
Por outra parte, Mon Fernández se referiu a derruba da muralla dentro do proxecto “abrir Ferrol ao mar” do que o BNG sempre estivo a favor da súa desaparición, mais dixo, que avogamos por “unha opción moito máis ambiciosa que é a incorporación para a trama urbana da cidade dalgunhas das construcións ou mesmo de zonas como o chamado “porto chico””.
Así mesmo dende o BNG considera que as propiedades desafectadas que Defensa aínda posúe na nosa cidade deberían reverter gratuitamente na administración local para poder darlles un uso adecuado e mantelas en condicións decentes.
Por este motivo dende o BNG avogan por impulsar unha modificación legal que permita que os bens desafectados por Defensa poidan ser cedidos gratuitamente às administracións locais, ou ás comunidades autonomas nas que se ubiquen estes bens, para que as mesmas se beneficien da súa afectación para fins de utilidade social e interese público.
«O noso compromiso no Congreso dos deputados será defender os intereses de Ferrol e buscar alternativas aos seus problemas» reafirmou Polo.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.