A comunidade educativa do CEIP Juan de Lángara de Ferrol, reclama unha solución inmediata á entrada de xabaríns no centro

A ANPA valora moi positivamente a participación na concentración celebrada esta jueves, coa presenza de representantes do BNG, Ferrol en Común e da Asociación Veciñal de Canido, e co apoio de FEANPAS. 

peche por xabarins ANPA do CEIP Juan de Lángara1

A ANPA do CEIP Juan de Lángara valora moi positivamente a resposta da comunidade educativa ao peche humano simbólico celebrado na mañá deste xoves para reclamar unha solución á entrada reiterada de xabaríns no recinto escolar e ao deterioro do peche perimetral.

Na mobilización participaron membros da comunidade educativa e estiveron presentes representantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ferrol en Común e da Asociación Veciñal de Canido. A iniciativa contou tamén co apoio de FEANPAS, ao que a asociación quere expresar o seu agradecemento.

Mon fernandez con representantes da ANPA do Juan de Lángara- xabarins | Foto BNG

Desde a ANPA destacan que a concentración serviu para facer visible unha preocupación compartida e trasladar unha mensaxe clara ás administracións: o alumnado necesita un centro seguro e cunhas instalacións en condicións adecuadas.

«Estamos moi satisfeitos coa resposta de toda a comunidade educativa. Quedou claro que é unha preocupación compartida por todos e que todos queremos o mesmo: un colexio seguro, coas instalacións en boas condicións, onde os nenos e nenas poidan aprender e desfrutar dos espazos que teñen«, sinalaron desde a asociación.

O deputado no Parlamento Galego e futuro candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG, Mon Fernández, achegouse para falar coa ANPA, coñecer de primeira man a situación, “os traballos de mantemento e limpeza por parte do goberno local son fundamentais para que non atopen zonas onde habitar e criar as súas camadas, mais tamén a Xunta debe tomar medidas xa que ten as competencias para o control da fauna salvaxe”. 

A ANPA quixo poñer en valor o significado educativo da concentración, na que as familias defenderon a importancia de coidar os espazos comúns, respectar os animais e reclamar de maneira pacífica aquilo que consideran xusto.

«Pensamos, ademais, que este tipo de mobilizacións son tamén unha forma de educar. Estamos ensinándolles aos nenos e nenas a coidar o que é de todos, a respectar os animais, que tampouco son responsables desta situación, e a defender e reclamar aquilo que consideran xusto».

A asociación insiste en que o problema non son os animais, senón a falta dunha protección perimetral eficaz que impida o seu acceso ás instalacións escolares. A entrada reiterada de xabaríns, detectada mesmo en momentos de acceso do alumnado ao comedor, xera preocupación pola seguridade e ocasiona danos continuos nas zonas verdes. Esta situación dificulta o mantemento do recinto e afecta tamén a espazos utilizados por entidades deportivas, como o Club de Rugby Ferrol.

A ANPA lembra que o pleno municipal do 25 de xuño aprobou por unanimidade unha moción que recollía a renovación integral e urxente do peche perimetral, xunto con medidas de recuperación e mantemento dos espazos exteriores. Porén, case cinco meses despois, o problema continúa sen resolverse. Desde a asociación  reclaman unha resposta coordinada das administracións competentes.

peche por xabarins ANPA do CEIP Juan de Lángara2

A ANPA non descarta novas mobilizacións
Tras a concentración, a asociación dirixe a súa petición tanto ao Concello de Ferrol como á Xunta de Galicia, para que se dea unha solución definitiva á situación; «Agora agardamos que o Concello recolla a mensaxe, o Concello, a Xunta ou ambos, e que se dea unha solución definitiva a un problema». Porque, «quedou claro que non estamos pedindo nada extraordinario».

A ANPA insiste en que non se pode normalizar a presenza diaria de xabaríns dentro dun centro educativo e reclama medidas inmediatas para garantir a seguridade do alumnado. «Non é normal que cada día nos atopemos con xabaríns dentro do colexio e, polo tanto, esiximos que se dea unha resposta de forma inmediata ou continuaremos con accións deste tipo».

A asociación agradece novamente a participación e o apoio recibido, e reitera que a súa demanda é tan sinxela como necesaria: «un colexio seguro, coidado e nas condicións que merece toda a comunidade educativa».

Lea también

Ferrol inicia este martes las medidas de control de agua potable con una reducción gradual de la presión en red

  La reducción de la presión del agua en los hogares de Ferrolterra comienza esta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.