Inscrición aberta para a tradicional excursión a Portugal que promove o Concello de Neda

O Concello de Neda (A Coruña) abre este martes o prazo para anotarse na tradicional excursión que organiza cada ano poucos días antes do Nadal. A viaxe sociocomunitaria, cunha duración de un só día, desenvolverase o mércores 16 de decembro, e incluirá, como vén sendo habitual, a visita á Valença do Minho, onde ademais da feira as persoas participantes poderán desfrutar do enclave turístico e comercial da Fortaleza.

A través desta proposta, a veciñanza nedense terá a oportunidade de coñecer a citada vila raiana, de descubrir unha das grandes fortificacións do país veciño e, como non, de facer as típicas compras nas súas tendas. Sairase da praza da Casa Consistorial ás 8:00 horas. O regreso está previsto para as 21:00 horas.

Para participar haberá que anotarse nas oficinas de Servizos Sociais. As prazas para a excursión son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prezo da actividade é de 20 euros, e non inclúe o xantar. A partir do 3 de decembro, as cancelacións serán non reembolsables.

Lea también

Arrinca en Fene con Quico Cadaval o ciclo de monólogos que organiza o Museo do Humor Xaquín Marín

Este venres 6 de novembro, arrinca o ciclo de monólogos que organiza o Museo do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.