A Deputación da Coruña abre a inscrición na II edición do programa de formación para clubs de base

Noia acolle o venres 13 de novembro a primeira xornada, con sesións sobre soporte vital básico e regulación emocional no deporte. O programa combinará ata decembro a formación en liña con xornadas presenciais en concellos como Noia, Narón e Culleredo. A primeira edición reuniu máis de 100 participantes de máis de 75 clubs, entidades deportivas e concellos.

Fuente Diputación da Coruña

A Deputación da Coruña abriu o prazo de inscrición na segunda edición do Programa de Formación para Entidades Deportivas de Base, dirixido a adestradores e adestradoras e ás persoas que se ocupan da xestión dos clubs da provincia. A programación comezará este venres, 13 de novembro, en Noia e prolongarase ata decembro, con formación en liña e xornadas presenciais tamén en Narón e Culleredo.

A xornada inaugural de Noia abordará dúas cuestións que afectan directamente ao traballo dos corpos técnicos. Roberto Barcala impartirá unha sesión de soporte vital básico para que adestradores e adestradoras saiban como actuar ante unha emerxencia. Pola súa banda, Manuel Isorna centrarase na regulación emocional no ámbito deportivo.

Do adestramento de menores á xestión económica dos clubs

Fuente Diputación da Coruña

No ámbito do adestramento, o programa abordará a especialización temperá e as cargas de adestramento en menores de 15 anos, así como a xestión do éxito deportivo nas categorías de base. Outra das sesións analizará como inflúe a nutrición na saúde e no rendemento de quen practica deporte.

As persoas responsables da xestión dos clubs poderán formarse en contabilidade, tesouraría e obrigas fiscais, así como en patrocinio e doazóns para entidades e deportistas. A programación inclúe tamén a normativa deportiva, a cotización á Seguridade Social dos e das deportistas de alto nivel e as súas vías de acceso ás ensinanzas deportivas oficiais.

Ademais de Roberto Barcala e Manuel Isorna, participarán como docentes Rafael Martín Acero, Mar Rovira, Eva María Blázquez Agudo, Dolores Pedrares, Yago Casal, Alicia Villegas, Miguel Juane e Álvaro Illobre.

A convocatoria amplía os contidos da primeira edición, que en 2025 reuniu máis de 100 asistentes en representación de máis de 75 clubs, entidades deportivas e concellos da provincia. As persoas interesadas en participar nesta segunda edición xa poden cubrir o formulario de inscrición.

Fuente Diputación da Coruña
 

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.