Natalia Botana anima aos operadores a investir en Galicia como destino náutico con seguridade xurídica

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, participou esta mañá no II Congreso de Marinas de España que se celebra ao longo desta semana nas Palmas, en Gran Canaria. Neste foro, Botana animou aos operadores náuticos a investir en Galicia baseándose na seguridade xurídica que aporta a normativa autonómica de explotación do dominio público portuario.

Fuente Consellería do Mar- XUNTA

Ante un auditorio conformado por representantes de diferentes administracións públicas, estatais e autonómicas, asociacións e operadores náuticos, a presidenta de Portos de Galicia lembrou que a Xunta de Galicia “ten creado as condicións para impulsar o investimento privado” no sistema portuario e concretamente nos portos deportivos. Neste sentido apelou ás garantías que supón para os inversores a modificación da Lei de Portos que permiten ampliar as prórrogas das concesións de explotación do dominio público portuario aumentando os prazos de amortización dos investimentos privados.

Durante a súa intervención a presidenta de Portos ratificou a aposta da Goberno galego por levar a filosofía de “Galicia Calidade” aos portos deportivos, ofertando infraestruturas e servizos de primeira orde e sinalou o Xacobeo 27 como unha oportunidade de establecer sinerxias turísticas que fomenten o investimento náutico en Galicia.

Fuente Consellería do Mar- XUNTA

Botana estivo acompañada durante a súa asistencia ao Congreso de Marinas de España polo presidente de ASNAUGA e da confederación estatal de clubs náuticos (CEACNA), Javier Ruíz de Cortázar; e o presidente de Marinas de Galicia, José Manuel García, entre outros operadores náuticos galegos que participan no evento.

Lea también

A presidenta de Portos de Galicia visita Mugardos para reforzar a seguridade do bordo marítimo

Natalia Botana consensuou co alcalde a proposta de actuación na pasarela peonil. A presidenta de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.