A presidenta de Portos de Galicia visita Mugardos para reforzar a seguridade do bordo marítimo

Natalia Botana consensuou co alcalde a proposta de actuación na pasarela peonil.

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou o porto de Mugardos para comprobar o estado das instalacións no bordo portuario e afondar nunha proposta de reforzo da seguridade. No seu percorrido polo porto mugardés, Botana estivo acompañada polo alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus.

A presidenta de Portos de Galicia e o alcalde afondaron nas prioridades de actuación na pasarela peonil que discorre ao longo do bordo portuario e consensuaron as necesidades de actuación nesta instalación. A este respecto, destacaron a forte exposición dosç materiais ás condicións meteorolóxicas e a acción do mar polo que coincidiron na necesidade de empregar materiais de forte resistencia e durabilidade para as obras de reforzo.

A actuación sobre a pasarela de Mugardos figura na planificiación orzamentaria de Portos de Galicia para 2027 cunha partida plurianual para o vindeiro exercicio e o 2028.

Lea también

¡Ferrol se llena de cruceristas! Doble escala del ‘Hamburg’ y el ‘Mein Schiff 7’ en Curuxeiras

El Puerto de Curuxeiras recibió este viernes la visita de dos cruceros de pasaje, el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *