A Deputación da Coruña abre o prazo de adhesión de comercios a MercaNaVila

Os establecementos dos concellos de menos de 20.000 habitantes poden sumarse á campaña ata o 20 de outubro. A segunda edición do programa conta con 5 millóns de euros de orzamento e ofrecerá bonos desconto de 100 euros para gastar no comercio local.

A Deputación da Coruña abriu o prazo de adhesión dos comercios á segunda edición de MercaNaVila.

Os establecementos dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes poderán inscribirse ata o 20 de outubro a través da plataforma da campaña para participar neste programa de bonos de desconto, dotado con 5 millóns de euros.

A iniciativa, desenvolvida coa colaboración da Federación Galega de Comercio e de ABANCA, enmárcase no apoio da Deputación aos pequenos municipios e ao seu tecido comercial.

O obxectivo é impulsar as compras de proximidade, reforzar a actividade dos negocios locais e contribuír a manter o emprego e os servizos que ofrecen á veciñanza.

A institución provincial prevé superar amplamente os 1.000 establecementos nesta segunda edición. A través dos bonos, a campaña combina o aforro para as persoas consumidoras cun estímulo directo ás vendas dos comercios adheridos.

Tras a experiencia de 2025, a Deputación renova a campaña MercaNaVila coa previsión de mobilizar arredor de 25 millóns de euros en compras, multiplicando por cinco o investimento público destinado aos bonos. Este gasto repercutirá directamente nos negocios participantes e na economía dos municipios de menor poboación.

Os bonos poderán descargarse a partir do 20 de outubro

A partir do 20 de outubro, as persoas maiores de idade poderán descargar os bonos na web de MercaNaVila e beneficiarse de ata 100 euros en descontos por persoa. As bonificacións aplicaranse directamente no momento da compra e oscilarán entre os 10 e os 30 euros por operación, en función do importe.

Os bonos poderán utilizarse nos establecementos adheridos entre o 20 de outubro e o 20 de novembro de 2026 ou ata o esgotamento do crédito destinado ao programa.

A Federación Galega de Comercio colabora na difusión da iniciativa e na incorporación dos establecementos a través da súa rede, mentres que Abanca participará na operativa dos bonos e das transaccións vinculadas á campaña.

Lea también

Archivo - Helicóptero Pesca I - GARDACOSTAS - Archivo EP

Buscan por tierra, mar y aire a un vecino de Redondela (Pontevedra) desaparecido desde este lunes

Salvamento Marítimo coordina un operativo de búsqueda en el que están participando efectivos de Gardacostas, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *