A Deputación da Coruña convoca ós concellos a unha xornada participativa no marco do proxecto Concello Dixital

O Pazo de Mariñán acolle este 8 de outubro un encontro formativo e de traballo que reúne a máis de 50 profesionais do sector público da provincia.

O proxecto Concello Dixital, a iniciativa de administración electrónica e transformación dixital impulsada pola Deputación da Coruña para apoiar ás entidades locais da provincia, celebra este xoves 8 de outubro unha nova edición da súa xornada técnica no Pazo de Mariñán.

Baixo o título “Encontro de representantes de administración electrónica, Concello Dixital”, a xornada concíbese como un espazo de traballo e posta en común entre os distintos e-responsables implicados no proceso de transformación dixital da administración local.

O encontro contará coa asistencia e participación de representantes institucionais e técnicos da Deputación Provincial da Coruña.

Nesta edición, a xornada centrarase en poñer en valor o papel do persoal das entidades locais da provincia que participan no proxecto e en traballar e mellorar competencias e aspectos como a xestión do cambio, a intelixencia emocional, a comunicación, a creatividade, o liderado ou a resolución de problemas, ferramentas clave para fortalecer a comunicación, e a cohesión dos equipos humanos nas administracións locais da provincia.

O programa incluirá dinámicas de grupos, role-plays prácticos e un espazo de intercambio de experiencias entre os e-responsables asistentes.

 A iniciativa reafirma o compromiso da Deputación da Coruña coa modernización tecnolóxica e organizativa dos concellos, promovendo accións que contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos e o clima laboral no eido público local.  

Lea también

Archivo - Helicóptero Pesca I - GARDACOSTAS - Archivo EP

Buscan por tierra, mar y aire a un vecino de Redondela (Pontevedra) desaparecido desde este lunes

Salvamento Marítimo coordina un operativo de búsqueda en el que están participando efectivos de Gardacostas, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *