Ferrol activa unha nova edición do Club de Debate

O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 20 de novembro.

Foto archivo ediciones anteriores/Fuente concello de Ferrol

A concellería de Normalización Lingüística, ao frente da que se atopa Patricia Cons, informa da apertura do prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Club de Debate, un proxecto de dinamización da lingua galega dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos.

A iniciativa, na que participan dez concellos galegos, entre eles Ferrol, busca fomentar o uso oral do galego, o pensamento crítico, a diversidade de opinións, a tolerancia e o traballo en equipo.

Os centros educativos interesados deberán comunicar a súa intención de participar antes do 20 de novembro, a través do correo electrónico gnl@ferrol.es

Cada equipo estará formado por un mínimo de catro e un máximo de dez alumnos e alumnas, ademais dunha persoa preparadora, e deberá ter unha composición mixta.

Os equipos participantes poderán optar a premios de 800 e 500 euros nas fases clasificatorias, mentres que os dous equipos con maior puntuación na,fase final desfrutarán dunha viaxe multiaventura de fin de semana.

Dende a concellería anímase os centros educativos de Ferrol a participar nesta iniciativa, que conta xa cunha ampla traxectoria e na que nos últimos anos tomaron parte diferentes centros do municipio como o IES Saturnino Montojo, IES Canido, IES Concepción Arenal e CPR Compañía de María.

Lea también

La Xunta inicia la construcción de otras 49 viviendas en el barrio de O Bertón (Ferrol)

La conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, ha visitado este martes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *