As entradas están xa á venda en Ataquilla ó prezo único de tres euros.

O vindeiro xoves o Torrente Ballester acolle o ciclo Os Xoves da Capela ás 20:30 horas co grupo Shug R’Band. A banda formada en Fene en 2022 por músicos veteranos da zona a forman Jose Piñeiro (batería), Jose Loureda (guitarra), Félix Freire (guitarra), Fausto Escrigas (saxo), Roberto Souto (baixo) e Maikel Rodeiro (voz), e dende un primeiro momento a súa idea é componer os seus propios temas deixándose levar por todas as súas influencias Blues, Soul, Funky, Swing, Rock… preparando un show en directo enérxico e divertido para o público, mezclando cos seus temas grandes clásicos da historia da música, cancións de grupos e solistas tan coñecidos como, ZZ Top, Elvis, Otis Redding, Solomon Burke, James Brown, The Blues Brothers…
Un dos primeiros momentos destacados da traxectoria de Shug R’Band chegou no 2023, cando presentan á banda en directo teloneando a The Original Blues Brothers Band, no festival VilaBlues Ferrol.
Fan unha pequena xira pasand por Ferrol e Lugo e volven ao local a cociñar o que será o seu primeiro traballo titulado Shug R’Band no que gravaron nove cancións de distintos estilos que forman parte da súa identidade musical.
Este traballo preséntase en 2025 e dende ese momento os Shug R’Band comezan unha xira presentación por salas e festivais descargando toda a súa forza enriba do escenario.
A actuación no Centro Cultural Torrente Ballester permitirá escoitar tanto os temas propios da formación como a súa particular aproximación a algúns clásicos da música.
A duración aproximada deste concerto é de 75 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre, e na web de Ataquilla.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.