A biblioteca municipal de Ares suma un novo recoñecemento na Campaña de Animación á Lectura María Moliner

A Biblioteca Municipal de Ares volve ser distinguida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner cunha achega de 2.777,77 euros, unha dotación que permirá avanzar na mellora do fondo bibliográfico e dos recursos que o servizo ofrece á veciñanza, ademais de situar a localidade no mapa estatal da promoción lectora.

Fot. arquivo biblioteca Ares Premio María Moliner

A proposta galardoada leva por tulo «Entre libros, talleres e xogos… imos medrando», unha inicia va centrada en acompañar o desenvolvemento das nenas e nenos mediante tres eixos integrados: a lectura, as ac vidades prác cas e o xogo.

LIBROS, TALLERES E XOGOS PARA MEDRAR 

O libro: constitúe o primeiro piar, enfocado a construír desde a infancia unha relación positiva e continuada coa lectura, favorecendo as habilidades sociais e o benestar.

Os talleres: achegan contidos de xeito dinámico e participativo, espertando o interese polas historias ao tempo que se xeran aprendizaxes significativas e se traballa a intelixencia emocional.

O xogo: entendido como ferramenta esencial do crecemento infantil para expresar emocións, relacionarse e estimular capacidades clave como a creatividade e a imaxinación. A integración destes ámbitos consolida á biblioteca municipal como un espazo próximo, aberto e accesible, capaz de xerar vínculos comunitarios e achegar alterna vas de aprendizaxe e lecer.

UNHA TRAXECTORIA DE NOVE RECOÑECEMENTOS

Con este novo galardón, a Biblioteca Municipal de Ares acada xa nove distincións María Moliner: oito na categoría ordinaria e o premio extraordinario de 10.000 euros ob do na pasada convocatoria. Dado que as bases establecen que as en dades galardoadas có premio extraordinario non poden optar a el durante os cinco anos posteriores, Ares par cipou de novo dentro da súa categoría, confirmando a con nuidade do seu compromiso coa dinamización lectora e cultural.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Deportes, Xuventude e Patrimonio, Alma Barrón, destacou que «este noveno recoñecemento reafirma que en Ares entendemos a biblioteca como un servizo vivo, acolledor e en constante evolución. Seguiremos inves ndo recursos e esforzo en propostas que acheguen a lectura dende a infancia e fagan da cultura un punto de encontro diario para todas as familias do noso concello».

Lea también

La RFG trae el estreno mundial de Contrafactum para el tercer concierto de la Filarmónica Ferrolana

La Real Filharmonía de Galicia trae el próximo 13 de noviembre a Ferrol el estreno …