O alcalde de Ferrol presidiu o acto institucional de denominación do auditorio como Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas, en homenaxe e recoñecemento público á figura do músico ferrolán falecido o pasado mes de xaneiro. Así mesmo, de xeito previo, recibiu á familia no pazo municipal, que asinou no libro de ouro do Concello, e a unha representación do comité promotor da homenaxe.


Posteriormente trasladáronse ao Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas, onde o alcalde destacou que esta nova denominación é “un recoñecemento máis que merecido a un músico que forma parte da historia cultural e sentimental de Ferrol e que deixou unha fonda pegada que continúa sonando”. Lamas foi un pioneiro coa súa steel guitar e formou parte do grupo Los Limones e colaborou tamén con grandes da música como Los Secretos, Siniestro Total ou Antonio Vega.

Video Galicia Artabra
A súa profunda vinculación con Ferrol; o compromiso coa actividade musical e cultural; e a súa figura interxeracional fixo que o pleno aprobase o pasado mes de agosto esta nova denominación para esta instalación cultural. “Outorgarlle o seu nome ao auditorio nace dunha ampla adhesión social”, manifestou o alcalde, e tamén da corporación municipal que“unanimemente entendeu a relevancia desta homenaxe”. “O nome de Álvaro Lamas queda, máis que nunca e para sempre, unido ao de Ferrol”, concluíu Rey Varela.

Tras as súas palabras, procedeuse ao descubrimento da placa coa nova denominación e á entrega dunha reprodución aos familiares do homenaxeado, quenes tamén interviron no acto xunto ao concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, aos representantes da comisión promotora da homenaxe.
Fuente Galicia Artabra
Fuente Galicia Artabra
O acto rematou coa actuación musical de Marcos Mella, Rafa Pereira, Guille Willy, Carlos Mosquera, Chechu Mosquera e Pablo Pereira.


Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.