A Xornada Mundial do Migrante renova en Mondoñedo-Ferrol o chamamento á acollida e á integración

A xornada, baixo o lema «Incluso un só destes pequenos», terá lugar no Seminario de Mondoñedo o sábado 26 de setembro e culminará cunha eucaristía na catedral.

Video-Mensaje de Mons. García Cadiñanos para la 112º Jornada Mundial del Migrante y del Refugiado (Diócesis Mondoñedo Ferrol – Youtube)

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol, a través da súa Delegación de Migrantes, Refuxiados e Trata, convóca a un novo Encontro con Migrantes e Refuxiados no marco da Xornada Mundial do Migrante 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a acollida, a integración e o diálogo coas persoas migrantes. A xornada desenvólvese baixo o lema elixido polo papa León XIV para a celebración deste ano: «Incluso un só destes pequenos» (Mt 25, 40).

Os organizadores convidan a toda a comunidade cristiá a este encontro para fomentar o diálogo e conectar con persoas migrantes nunha sociedade polarizada. O acto será no Seminiario de Mondoñedo o sábado 26 de setembro.
 
Haberá rutas de autobús dispoñibles e cómpre inscrición previa. Para iso, basta con achegarse á parroquia onde informarán ou escribir ao correo electrónico migrantes@mondonedoferrol.org.

Programa da xornada 

A xornada comezará ás 10:30 horas cunha acollida e unha oración interrelixiosa. Despois, haberá actividades para nenos e mozos, mentres que os adultos reflexionarán en talleres sobre a protección dos menores migrantes. Tamén se realizará un círculo de silencio reivindicativo na Praza da Catedral.
 
Tras o xantar no Seminario, o bispo diocesano, Fernando García Cadiñanos, presidirá a eucaristía na catedral de Mondoñedo. O evento pecharase como un espazo de convivencia, reflexión sobre a xustiza social e alegría compartida.

Desde a Delegación de Migrantes anímase a toda a comunidade diocesana, movementos, parroquias e persoas de boa vontade a participar neste día de encontro. Especialmente invítase a todos os migrantes e ás súas familias presentes na diocese. 

 

Lea también

La Tercera Orden Franciscana de Viveiro celebra el VIII Centenario del Tránsito de San Francisco

La Tercera Orden Franciscana de Viveiro celebrará hoy, domingo 4 de octubre, a las 20:00 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *