As San Lucas volven ser o escenario para estreitar os lazos de amizade entre Ferrol e Mondoñedo

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acudiu á cidade lucense xunto a unha representación da corporación municipal.

Fuente Concello de Ferrol

O alcalde da cidade naval, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación da corporación municipal, desprazouse a Mondoñedo con motivo do acto de irmanamento que se celebra nesta xornada entre a vila lucense e a cidade departamental, coincidindo en data co día grande de As San Lucas.

Fuente Concello de Ferrol

O alcalde trasladou o agradecemento da cidade de Ferrol a Mondoñedo pola celebración deste acto e o mantemento dos lazos de irmandade que as unen, nunhas festas de As San Lucas -de Interese Turístico de Galicia- que son “unha manifestación viva da identidade deste territorio lucense”, manifestou o rexedor ferrolán.

A oficialidade deste irmandamento cumpre 21 anos, máis de dúas décadas na que foron numerosos os nexos culturais establecidos por estas urbes da Galicia do norte, nomeadamente a través da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

“Hoxe renovamos a vontade compartida de colaborar e manter as relacións entre os nosos pobos. Dous concellos coa súa personalidade propia, con historia profunda e cun patrimonio extraordinario”, lembrou Rey Varela, pero que comparten a visión de progreso e futuro.

Durante a súa intervención o alcalde ferrolán fixo fincapé na necesidade de que exista un transporte fluído de viaxeiros entre ambas cidades e na importancia do mantemento desta relación institucional. “Nun tempo no que as administracións deben afrontar retos complexos, a colaboración entre municipios é máis necesaria que nunca”, apuntou Rey Varela antes de concluír a súa intervención agradecendo a Mondoñedo a súa acollida un ano máis.

Instantáneas do acto

Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol

Lea también

Organizaciones de Ferrolterra condenan nuevos ataques a la sede de Cruz Vermella y al domicilio del activista Celso Posada

Organizaciones de Ferrolterra han condenado nuevos ataques en la madrugada de este sábado a la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *