Cedeira promove a creación dunha ruta turística polos escenarios da serie «Rapa»

O novo produto turísco terá a súa estrea o vindeiro día 25, partindo do Palacete que fixo as veces de cuartel da Garda Civil na exitosa serie protagonizada por Mónica López e Javier Cámara.

Serie Rapa- Mónica López e Javier Cámara| Fot. cedida

O Concello de Cedeira promove a creación dun novo produto turístico, unha ruta polos lugares da rodaxe da serie “Rapa”, que se vai presentar o vindeiro día 25 de setembro, nun acto programado para as 18.00 horas no Museo Terras de Cedeira. A iniciativa desenvólvese da man de Sergio Muíño, responsable do proxecto Eufundevivo, que o vindeiro venres encargarase de presentar o percorrido e tamén estrealo, con quen queiran acompañalo, facendo parada nos escenarios máis destacados daquela primeira tempada, cando se coñeceron a sarxento da Garda Civil Maite (Mónica López) e Tomás (Javier Cámara), un profesor enfermo e con moi mal carácter.

Serie Rapa- Cementerio de Cedeira | Fot. cedida

A rodaxe da primeira tempada de “Rapa” desenvolveuse no ano 2021 e supuxo unha pequena revolución para a vila de Cedeira. A produtora Portocabo, de Pepe Coira e Fran Araújo, grabou a serie para a plataforma Movistar+ e colleitou un grande éxito, non só acreditado polos premios recibidos -o Forqué 2022 á mellor actriz protagonista, o Iris do mesmo ano ao mellor actor e os Mestre Mateo 2023 a mellor serie, actriz principal, secundaria e montaxe- senón polo feito de que despois viñeron outras dúas tempadas, nas que Mónica García e Javier Cámara, como a garda civil Maite e o profesor Tomás, se enfrontan xuntos a outras investigacións.

Serie Rapa | Fot. cedida

Na presentación da nova ruta repartirase o material promocional da mesma, co que as personas que o desexen poderán facela pola súa conta. A visita quedará incluída no programa habitual de paseos guiados pola vila de Cedeira, ao igual que os que xa se realizan polos “murais atlánticos”, a “Cedeira mariñeira”, etc.

Serie Rapa- Fot. Cedida

O acto da presentación terá lugar no Palacete Municipal, que na serie Rapa foi o cuartel da Garda Civil, e no mesmo farase unha breve visita á mostra de fotografías da rapa da Capelada que está aberta no mesmo Museo Terra de Cedeira e que está tamén relacionada coa serie televisiva.

É preciso inscribirse, gratuitamente, para participar na presentación e estrea da ruta, a través da web:  https://www.eufundevivo.com/presentacion-visita-guiada-en-cedeira-rapa-la-serie

 

Lea también

San Valentín prepárase para vivir desde este venres unha nova edición do Fene Rock

A programación principal arrancará este venres con Window Pane (21.45 h), Aphinnic (23.05 h), Hamlet …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *