O vindeiro venres, a parroquia de Cervás, no concello de Ares, será altofante dunha proposta cultural innovadora da man do proxecto Galicia Latente. Unha tarde de descubrimento que combina cine e debate para explorar «quenes somos» na Galicia contemporánea desde unha mirada ancorada no contexto actual do territorio. A presentación correrá a cargo da directiva do CIRS de Cervás.
20:10 horas – Proxección do documental “Os Códigos”. Trátase dunha peza audiovisual de 5 minutos que, a través de imaxes do propio arquivo da Fototeca de Estudos da Identidade, indaga nas claves do «quen somos» a través dunha escolma de imaxes da Galicia contemporánea.
20:30 horas – Faladoiro “A Galicia Latente de Cervás”, un espazo de diálogo aberto moderado pola directiva do centro. Nesta conversa poranse en común as claves da saúde comunitaria e o benestar emocional vinculado á identidade cultural.
21:30 horas – Votación de valores. votación e recollida de valores locais. Creación de informe da percepción de valores culturais da localidade.
A actividade está organizada polo CIRS de Cervás e Galicia Latente, co obxectivo de situar a Galicia, dende a parroquia de Cervás, á vangarda dun enfoque de saúde integral que xa se practica en países como Suecia, Xapón ou Canadá: dimensionar a identidade cultural como parte esencial da saúde integral.
Para máis información ou entrevistas, contactar co CIRS de Cervás (606711650) ou no correo info@galicialatente.com.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

