Ferrol en Común considera insuficientes as medidas para combater a seca dos encoros e ríos da comarca

Ferrol en Común a través dun comunicado expresa «a situación de prealerta decretada por Augas de Galicia ten tintes de negacionismo do cambio climático, que toma medidas conxunturais ante un problema estrutural, limitándose a medidas de concienciación e medición de caudais, en lugar de tomar medidas imperativas necesarias, como prohibición de enchidos de piscinas, baldeos innecesarios ou cortes puntuais, estando ao noso xuízo nunha situación de alerta, pola previsión climatolóxica do mes de setembro, e a necesidade de potabilizar a auga con tratamentos agresivos, que supoñen máis gasto de auga, menor calidade e incremento de custos».

Para Ferrol en Común, «dada a situación climática previsible para os próximos anos, é imprescindible un Plan de actuación a curto e medio prazo, anticipándose ás secas e non tomando unicamente medidas paliativas».

«Así, o que correspondería sería»:

«Establecer un control de perdas de auga, que proliferan por todo o sistema de abastecemento, nomeadamente na fuga histórica da tubaxe da Ponte das Pías, pero tamén outras múltiples menores, con substitución das canalizacións de fibrocemento».

«Estudar a recuperación de sistemas de abastecemento abandonados, como a do Belelle desenvolta no seu día pola Armada, inutilizada na súa maior parte».

«Optimizar os recursos hídricos existentes, coa limpeza, dragaxe e acondicionamento do encoro das Forcadas, que a baixos niveis de ocupación a día de hoxe empeora notablemente a calidade das augas».

«Revisión do plan de desaugamentos das Forcadas, ante a previsión de que a escaseza de choivas vai se recorrente nos vindeiros anos».

Lea también

Ferrol celebra la semana de la movilidad

El Ayuntamiento de Ferrol celebra desde este miércoles 16 de septiembre, la Semana de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *