O compositor e intérprete David Bellas tocará no Forno dos Mouros. Todo na Serra Faladora.
Roteiro Rupestre Sonoro é unha nova producción de aCentral Folque, creación contemporánea e memoria oral arredor das Pedras que Falan da provincia da Coruña. Unha programación que se presenta no mes de setembro con roteiros e creacións artísticas nos concellos de Arteixo, Mañón, Teo e Trazo e un encontro inaugural en Santiago de Compostela.
As Pedras que Falan, singulares formacións pétreas con particularidades acústicas vinculadas ao patrimonio arqueolóxico, á tradición oral e ás prácticas culturais no territorio, protagonizan este proyecto Rupestre Sonoro que se achega aos citados enclaves desde a investigación, a participación local e a creación contemporánea.
Explica que «as características de cada pedra e o seu contexto arqueolóxico, paisaxístico e cultural son o punto de partida para as intervencións artísticas, que buscan establecer unha relación única co espazo e coa súa memoria».
Este domingo 13 de setembro, en Mañón, Magdalena Fernández Rubido guiará, a partir das 10:30 horas, o roteiro arredor da Pena Faladora, que incluirá a intervención musical de David Bellas.
A actividade contará, grazas ao apoio do Concello de Mañón, con servizo gratuito de autobús, con reserva previa (tlf: 981414002 ou cultura.deportes@manon.es), con saída desde O Barqueiro (10:00 horas, parada xunto ao Banco Santander). O punto de encontro será o Dolmen da Faladora.
As actividades teñen unha duración aproximada de entre dúas horas e media e tres, e están pensadas como percorridos de descubrimento nos que o patrimonio material e inmaterial de cada lugar se converte en materia para a creación artística contemporánea.
Rupestre Sonoro desenvolve esta programación presencial durante setembro e outubro. Terá continuidade nos meses seguintes con novos materiais derivados do proxecto, entre eles publicacións dixitais, videocreacións e unha publicación en papel que anunciaremos nos vindeiros meses.
Rupestre Sonoro procura contribuír á conservación, divulgación e posta en valor dun patrimonio que abrangue tanto os elementos arqueolóxicos como as lendas, a microtoponimia, os usos sociais e os coñecementos asociados á natureza. Un proxecto que vén de ser distinguido na 2ª Edición do Premio a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social 2026 da Deputación da Coruña.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.