Ferrol en Común a través dun comunicado expresa que «O que no seu día se vendeu polo goberno local como a solución definitiva aos problemas do servizo de estatística de Ferrol a través da cita previa, o único que provocou foi o colapso do sistema, xa que a día de hoxe é imposible solicitar unha cita nin a través dos dispositivos electrónicos do Concello, como na páxina web habilitada ao efecto».
«Trámites esenciais, como modificacións, altas ou baixas do padrón, certificados de empadroamento ou a solicitude de información xeral, son imposibles de acadar, e están moi lonxe do que o concelleiro da área vendeu como unha aposta por unha tramitación áxil, ordenada e cómoda».
«A imposibilidade de solicitar cita máis alá de quince días vista colapsou o sistema, o que xunto coa falta de persoal que o goberno non está disposto a reforzar, cercena os dereitos esenciais da cidadanía, nun inicio do curso do que bolsas escolares, contratos de arrendamento, trámites relacionados co traballo ou a saúde demandan este servizo de forma urxente».
Dende Ferrol en Común demandan que de forma inmediata que:
«Se produzan as modificacións necesarias na tecnoloxía dixital para evitar a mensaxe que calquera pode corroborar e impide o acceso ao servizo de “non hai ocos dispoñibles para ese trámite”
E que «se reforce o cadro de persoal para evitar o colapso da oficina, con traballadores e traballadoras saturados e colas de persoas usuarias interminables, que ven como o servizo que se ofrece é de baixa calidade pola falta de persoal suficiente».
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
