Éxito de público do VII Mercado sostible de Valdoviño

Excelente acollida por parte do público ao VII Mercado Sostible de Valdoviño.

Fuente Concello de Valdoviño

A versión nocturna do evento, que contou este pasado venres na Porta do Sol cunha vintena de postos de exhibición e de venda de produtos artesáns, ecolóxicos, e de proximidade, así como cos concertos das Cantareiras Algarabía de Lago e de Trikitrí, volveu mostrar o seu gancho.

Fuente Concello de Valdoviño
Fuente Concello de Valdoviño

A cita, organizada polo Concello, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, sumou, entre outras, ás firmas locais como Ay! Carmen, Mai cerámica, Salitre ou Frutín, e foi ata a medianoite un ir e vir de veciños, e visitantes.

Fuente Concello de Valdoviño
Fuente Concello de Valdoviño

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …