Pechado o programa da nova edición de Noite de Bolos. O certame musical, previsto para o 5 de setembro na contorna do albergue de peregrinos, como antesala da XXXVI Festa do Pan de Neda, aposta desta volta polos covers.

Mckuin, veterana banda tributo a Queen, xorde como cabeza de cartel deste evento gratuíto que complementan os poderosos directos doutras dúas formacións galegas. Do «Bohemian Rhapsody» ao «We will rock You», pasando polo célebre “We are the champions”. O certame nedense brindará a oportunidade de entoar ao máximo volume os grandes clásicos do grupo que liderou Freddie Mercury.
A banda ferrolá, que leva 27 anos sobre os escenarios, fai seus os temas dos británicos, engadindo arranxos con influencias do hard rock e sempre sen perder o punto divertido. A formación clásica de McKuin consta de dúas guitarras, baixo, batería, teclado e a voz de Manuel, o único integrante presente dende os comezos.
Ademási, Lady Evil, grupo fundado hai dúas décadas para render tributo ás grandes bandas do hard rock e do heavy dos anos 80 como Iron Maiden, Judas Priest o Scorpions súmase tamén a Noite de Bolos. Tras un tempo de parón, a banda volve xirar neste 2026 coa seu tributo ao legado de Ronnie James Dio e a impresionante voz de Susana Adalid como selo inconfundible.
E completan o cartel da velada musical Clandestinos. A formación coruñesa, integrada por cinco músicos cunha sólida traxectoria, propón unha viaxe sonora polo rock español. O seu repertorio reinterpreta con frescura e personalidade clásicos que marcaron a varias xeracións. Así, na Noite de bolos haberá tamén ocasión de corear temas de Barricada, Loquillo, Leño e moitos outros.
O certame, que estreaba esta semana o seu afiche, obra do deseñador gráfico Juanlu Nacha, está organizado polo Concello de Neda, e conta co patrocinio da Deputación da Coruña e co apoio de Turismo de Galicia e Abanca.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
