A Deputación participa no IX Ares Indiano cun mercado de artesanía, música e showcookings

Espazo Deputación regresa á feira con un mercado de artesanía, sete showcookings e unha programación musical e de dinamización durante os tres días do evento que empezan este venres 21.

Ares Indiano 2025. Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña volve estar presente no Ares Indiano, que celebra este ano a súa novena edición, cun espazo propio no que a artesanía galega, a gastronomía e a cultura serán protagonistas ao longo das tres xornadas da feira.

O Espazo Deputación estará situado ao final do paseo, e contará cun mercado de, ademais de diversas propostas de dinamización destinadas a achegar ao público o talento creativo e gastronómico da provincia.

A programación provincial inclúe tamén a participación da cociñeira Nair González, de Muelle 43 (Mugardos), no marco do proxecto “A Paisaxe que Sabe”. Ao longo da feira ofrecerá un total de sete showcookings, dirixidos a grupos de entre 35 e 40 persoas e distribuídos en dúas sesións o venres, tres o sábado e dúas o domingo.

Espazo Deputación

O mercado de artesanía reunirá oito propostas que amosan a diversidade e a calidade do sector artesanal galego: Ana Trasariz, D Rositas, Redeiras Artesás, Jerolas, Comeluz, Bo Peixe, Na Mea Nani e Hana No Boshi.

A actividade do mercado estará acompañada pola música de Gallaecia Small Band, encargada de poñer ritmo á contorna e contribuír á ambientación e dinamización do espazo durante a feira.

A presenza da Deputación no Ares Indiano busca así reforzar unha das citas culturais e turísticas máis singulares da comarca, combinando a recuperación da memoria vinculada á emigración coa promoción da creación contemporánea, a gastronomía e a artesanía galegas.

O Espazo Deputación converterase, deste xeito, nun punto de encontro entre tradición e creatividade, ofrecendo ao público unha programación pensada para descubrir, degustar e desfrutar de diferentes expresións da cultura galega no marco dunha celebración xa consolidada no calendario estival de Ares.

Lea también

Clausura do Congreso «Álvaro Cunqueiro en Ortigueira en 1936”, organizado pola Asociación Cultural Terras do Ortegal

O congreso, que reuniu máis de 56 persoas os días 2 e 3 no Teatro …