Viaxe cultural e de lecer ás Rías Baixas para a veciñanza das Somozas

A actividade terá lugar o vindeiro sábado 12 de setembro, cun horario de saída programado para as 7:45 horas da mañá dende a Escola de Seixas.

A Asociación de Veciños de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organiza unha viaxe cultural e de lecer ás Rías Baixas dirixida a toda a veciñanza. A actividade terá lugar o vindeiro sábado 12 de setembro, cun horario de saída programado para as 7:45 horas da mañá dende a Escola de Seixas.

O itinerario desta xornada inclúe paradas en tres dos destinos máis emblemáticos da costa pontevedresa. A primeira parada será no Grove, unha vila mariñeira ideal para descubrir a auténtica esencia das Rías Baixas e a súa tradición pesqueira. A continuación, o grupo visitará a Illa da Toxa, un recuncho único no mundo famoso polas súas augas termais e pola súa singular capela recuberta de cunchas de vieira. O broche de ouro porase en Cambados, a capital do viño albariño, que namora a quen a visita polo seu encanto histórico e a súa perfecta combinación de sabor a mar e viñedo.

O prezo por persoa é de 25 euros para os socios da asociación e de 35 euros para os non socios. Nesta tarifa están incluídos tanto os gastos do desprazamento en autobús como as dietas da xornada.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 619 87 82 22. O prazo límite para apuntarse remata o 1 de setembro. Cómpre lembrar que as prazas son limitadas e que os socios da asociación terán preferencia na reserva.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, animou “a participar nesta viaxe que é unha gran forma de conectar á veciñanza, de que desfruten do seu tempo libre e de que coñezan novos lugares ao tempo que se relaxan da rutina do día a día”, rematou.

Lea también

Neda volverá apoyar la proyección de deportistas locales con una línea de ayudas económicas

Desde este martes pueden solicitarse las ayudas convocadas por el Ayuntamiento de Neda para apoyar …