Esmelle prepárase para celebrar este domingo a XXIII Romaría Castrexa

Este domingo 23 de agosto na parroquia ferrolana de San Xóan de Esmelle celebrase a XXIII edición da Romaría Castrexa, unha xornada de convivencia, tradición, gastronomía, música e actividades para todas as idades.

O programa da Romaría e o seguinte:

12.00 horas – Obradoiro de barro, impartido por Carme Romero
12.30 horas – Apertura do mercado
13.00 horas – Representación castrexa do Oenach Atlántico
13.30 horas – Pregón a cargo de Lucía Brage Martínez, doutora en Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela
14.00 horas – Música con AIXA
17.00 horas – I Olimpiadas Castrexas de Esmelle
19.00 horas – Música con AIXA

A comida terá un prezo de 16 euros e incluirá mexillóns, churrasco con crioulo e cachelo, viño ou auga, sobremesa e café. Os nenos de ata 8 anos non pagan.

Durante a tarde celebrarase tamén as I Olimpiadas Castrexas de Esmelle, abertas a participantes a partir dos 12 anos e organizadas por parellas. Haberá cinco probas: lanzamento de pedra, carreira de sacos, camiño dos limóns, xogo dos bolos e carreira de zancos. As persoas interesadas poden inscribirse previamente polos mesmos medios ou o propio día da Romaría.

 

 

Lea también

Raúl Alcaina convencido en formar parte del proyecto del Racing de Ferrol

La historia del Racing Club Ferrol y la ambición del proyecto, han sido dos de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *