A Deputación da Coruña leva a Irlanda a 60 estudantes para perfeccionar o inglés

A deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, acompañou no aeroporto de Santiago ao alumnado, que participará durante catro semanas nun programa de inmersión lingüística en Tipperary. A bolsa da Deputación cobre o 100% dos gastos de viaxe, aloxamento, manutención, docencia, seguro e actividades.

Fuente Diputación de A Coruña

Os 60 alumnos beneficiarios das bolsas da Deputación da Coruña para aprender inglés en Irlanda partiron desde o aeroporto de Santiago de Compostela rumbo a Dublín, onde inician unha estadía de catro semanas para mellorar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia formativa e cultural no estranxeiro.

A deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, acompañou no aeroporto ao grupo antes da súa saída e destacou que o programa, que este ano convocou a Deputación  por primeira vez, “abre unha oportunidade para que moitos mozos e mozas da provincia, especialmente dos concellos máis pequenos, gocen da oportunidade estudar inglés no estranxeiro e vivir unha experiencia enriquecedora”.

Neira subliñou que “aprender idiomas é hoxe fundamental para o futuro académico e profesional da xente nova” e lembrou que a Deputación financia o 100% dos custos da actividade, para que “a situación económica das familias non sexa unha barreira á hora de acceder a unha experiencia deste tipo”.

Fuente Diputación de A Coruña

As bolsas están dirixidas a alumnado de primeiro de Bacharelato dos centros públicos provincia e teñen unha dotación de 4.816,61 euros por beneficiario. O programa cobre integramente os voos de ida e volta entre Santiago e Dublín, os traslados internos en autobús, o aloxamento, a manutención, a docencia, o seguro de viaxe e a asistencia continuada de titores e monitores durante toda a estadía.

O alumnado permanecerá en Tipperary (Irlanda) ata o 29 de xullo, onde as rapazas e rapaces se aloxarán SEDA College, situado no campus de Rockwell College.

Durante a súa estancia recibirán 20 horas semanais de clases de inglés, organizadas en grupos reducidos tras unha proba de nivel previa e cunha metodoloxía práctica centrada na comunicación oral. A formación completarase cun programa de actividades culturais, deportivas e de lecer, así como con excursións para coñecer distintos enclaves de Irlanda, entre eles Cork, Kilkenny, Cashel Town ou Waterford.

Lea también

Un bombero ferrolano en La Guaira avisa de «falta de medios» y un posible «problema de salud» por el estado de los cuerpos

Trabajan en la zona de Caraballeda y, por el momento, «no encontraron a nadie con …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *