A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia despide en Valdoviño a unha nova promoción

Entre aplausos, con moita emoción e máis dunha bágoa, a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia despedía a unha promoción máis. Como non podía ser doutro xeito, os nenos «maiores» tiveron a súa festa de graduación.

Fuente Concello de Valdoviño

Foron Aria, Chloe, Gala, Leo, Luca, Martina, Mateo, Mía e Xabi. Non faltou o audiovisual nin os agasallos, elaborados este ano nos talleres de Aspaneps, que entregou o alcalde, Alberto González, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosana García, quenes puxeron en valor o extraordinario traballo do equipo de educadoras que forman Montse, Rosi e María.

As familias, presentes no acto, agasallaron tamén ás profes cuns detalles ben fermosos. 

Lea también

O BNG presenta 16 emendas aos Orzamentos da Xunta «para impulsar os investimentos que Cabanas necesita»

O BNG de Cabanas presenta un paquete de 16 emendas aos Orzamentos da Xunta de …