A Deputación da Coruña reforza o seu apoio á emblemática Festa do Pan de Neda

Festa do pan de Neda- Archivo

O Concello de Neda logra que a Deputación da Coruña volva reforzar o seu apoio á Festa do Pan que, como sempre, terá lugar o primeiro domingo de setembro. A administración local acada unha subvención de 30.000 euros para a XXXVI edición da súa cita gastronómica, que atrae anualmente a milleiros de persoas á localidade.

Segundo consta na concesión provisional das axudas a concellos de menos de 50.000 habitantes para a realización de actividades de promoción económica, Neda será un dos 52 municipios beneficiarios destas achegas, orientadas principalmente para apoiar ás localidades con Festas de Interese Turístico de Galicia.

Archivo.- Posto de pan na festa do Pan de Neda

O proxecto presentado polo municipio consegue por terceiro ano consecutivo o respaldo da Deputación, presente tamén na cita a través da súa Rede Cultural. A subvención será de 30.000 euros, fronte aos 26.910 € da anterior convocatoria.

Esta achega provincial permitirá reducir o coste que ten para as arcas locais a celebración, concibida para exaltar o produto estrela da gastronomía local, para reivindicar o labor dos panadeiros e das panadeiras do municipio e recoñecer a importancia do sector na economía nedense.

A administración local ultima a programación cultural do certame que, como ven sendo habitual, completarase cunha nova edición de Noite de bolos, xusto a noite anterior.

 

Lea también

O ‘Tríatlon Lago das Pontes’ do 28 de xuño se incorpora por primeira vez ao calendario galego de tríatlon

O Concello das Pontes acolleu onte venres, no salón de plenos, a presentación oficial do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *