O festival “Neda en danza” regresa cunha edición centrada na tradición

Volve “Neda en danza”. Tras dúas edicións sendo escaparate dalgunhas das propostas de danza contemporánea máis potentes de Galicia, o festival aposta desta volta pola tradición, cunha entrega protagonizada, en exclusiva, polo Grupo etnográfico das Mariñas.

Grupo etnográfico das Mariñas

Veciñanza e visitantes poderán desfrutar este sábado, a partir das 21 horas, no paseo marítimo (contorna no albergue de peregrinos) desta veterana agrupación de Ferrol, que leva case medio reivindicando, recuperando, e dando a coñecer a riqueza etnográfica e folclórica de Galicia.

Unhas 40 persoas entre músicos, cantareiras e bailaríns participarán no espectáculo deseñado para o “Neda en danza”. Unha proposta cun repertorio amplo, que incluirá unha decena de pezas variadas (muiñeiras, xotas…) con temas ben populares de distintas como a “Muiñeira vella”ou a “Muiñeira de Liñares”.

En definitiva, a terceira edición do certame, impulsado polo Concello, emerxerá como un encontro con aire de foliada para empaparse da nosa música de raíz e das danzas e bailes tradicionais galegos.

Lea también

O Ateneo Ferrolán homenaxea a figura de Otero Pedrayo

Có gaio do fin do ano oteriano o Ateneo Ferrolán acollerá un acto de Homenaxe …