Unha unidade ADOS visita Narón este martes 23

A Axencia Galega de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS) instala este martes 23 de xuño unha unidade móbil a carón do Centro de Saúde de Narón. O vehículo permanecerá operativo en horario de 9:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:30 horas, dentro da campaña «Este verán doa sangue», coa que ADOS busca reforzar as reservas nunha época do ano na que as doazóns adoitan baixar polas vacacións e os desprazamentos.

ADOS en Narón. Archivo

Poden doar sangue as persoas de entre 18 e 70 anos, con bo estado de saúde e un peso superior aos 50 quilos. Dende ADOS recoméndase acudir con boa hidratación e sen ir en xaxún. ¡uen doe pola mañá debe almorzar con normalidade, mentres que quen o faga pola tarde ten que esperar dúas horas despois do xantar, evitando ademais as comidas copiosas previas á doazón.

É necesario acreditarse co DNI ou outro documento oficial que identifique á persoa doante, e informar o persoal médico sobre calquera tratamento farmacolóxico ou intervención recente, xa que existen prazos de espera específicos en casos como cirurxías, tratamentos dentais, tatuaxes ou piercings, viaxes a zonas endémicas, ou partos recentes.

Cada ano, as doazóns voluntarias permiten atender a preto de 31.000 pacientes nos hospitais galegos. Baixo o lema «Un alento de vida», a campaña de verán de ADOS anima a aproveitar estes meses para achegarse ás unidades móbiles e doar sangue. Para máis información pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, consultar a web ados.sergas.gal ou seguir as redes sociais da axencia.

Lea también

A Xunta adxudica a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construir 14 vivendas públicas

As vivendas serán o resultado da transformación de locais sen uso propiedade da Xunta e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *