Valdoviño abre inscricións na programación de actividades OcioSol na piscina

Poderá formalizarse a través dun formulario online na web municipal ou presencialmente na casa consistorial, ata o 26 de xuño.

A concellería de Deportes abre o próximo luns 15 de xuño o período de inscrición para o programa de actividades estivais OcioSol 2026, que se desenvolverá na piscina municipal de Lago durante os meses de xullo e agosto.

As persoas interesadas terán ata o próximo 26 de xuño para formalizar a súa solicitude.

A campaña deste ano mantén o seu enfoque na conciliación e na promoción da saúde a través dunha oferta variada que se impartirá exclusivamente en horario de mañá.

As tardes reservaranse, como é costume, para o uso recreativo e desfrute das instalacións por parte da veciñanza e visitantes.

A programación inclúe cursos de natación dirixidos a diferentes segmentos de idade e niveis de aprendizaxe: catro grupos de iniciación, dous de nivel intermedio e un de perfeccionamento; sesións específicas para bebés de entre 4 e 36 meses, que deberán acudir acompañados/as dunha persoa adulta, e sesións de aquagym e quendas de nado libre.

Os prezos fixados polo Concello mantéñense respecto a convocatorias anteriores, e os cursos de natación terán un custo de 7,37 euros ao mes e aquagym e a modalidade de nado libre terán unha cota mensual de 8,86 euros.

As prazas pódense solicitar a través de dúas vías: cumprimentando o formulario online habilitado na páxina web do Concello, onde tamén se poden consultar os horarios detallados de cada actividade, e presencialmente, na primeira planta da casa consistorial.

Desde a concellería de Deportes infórmase de que no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles en calquera das quendas, as persoas empadroadas no municipio terán prioridade na adxudicación.

Lea también

Fabio González también renueva en el Racing

M.V.Tras el anuncio el miércoles de la renovación de Álvaro Ramón, el club racinguista informó …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *