Neda organiza co gallo do Día de tecer en público, unha nova quedada de afeccionados aos labores

Tras a boa a collida da pasada edición, o Concello de Neda volve sumarse este ano ao Día mundial de tecer en público. Así, na xornada do sábado 13 de xuño, organiza unha quedada na contorna da Casa das palmeiras para promover esta actividade que, sen dúbida, constitúe unha boa proposta anti estrés.

O céntrico espazo público converterase de novo en punto de encontro para as tecedoras e os tecedores da localidade ou doutras zonas da comarca que decidan sumarse. A cita, que conta co apoio da Mesa local de saúde de Neda, busca fomentar a socialización e destacar os beneficios que asociados aos labores de punto e gancho no campo da saúde mental e física.

Así, o encontro, que se desenvolverá entre as 16 e as 20 horas, aposta por sacar do ámbito doméstico e rachar tópicos ao redor deste “hobby”, contribuíndo a que as persoas afeccionadas, independentemente da idade, compartan saberes e experiencias.

No plano da saúde, tecer estimula a memoria e a actividade mental (interpretación de patróns, conteo de puntos…) e ademais mellora a coordinación motora e a destreza manual, reduce o estrés, e mellora o estado de ánimo.

O Concello convida á veciñanza, así como a persoas doutras localidades que teñan este hobby a participar, achegándose cos seus traballos de calceta, crochet…para desfrutar dunha tarde diferente.

Lea también

Neda reabre ao público a oficina de turismo

Neda reactivou dende este martes o seu punto de información turística na caseta situada xunto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *