Valdoviño acolle a exposición dos alumnos das Aulas de Artes Plásticas e de Cerámica municipais

O acto, aberto á veciñanza, terá lugar este venres 5 ás 19:30 horas.

Os alumnos das Aulas Municipais de Artes Plásticas e de Cerámica inauguran este venres unha exposición conxunta cos traballos realizados ao longo do presente curso.

O acto terá lugar na casa da cultura a partir das 19:30 horas, con entrada aberta á veciñanza. A partir de entón, a mostra permanecerá na sala de exposicións temporais do centro cultural ata o 21 de xuño, onde poderá visitarse de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

Como é habitual nos últimos anos, o público poderá ver unha selección das mellores obras do alumnado da Aula de Artes Plásticas que guía o pintor Manuel Carballeira no local social de Loira cada semana. E este ano, o Concello activaba en Vilaboa a Aula de Cerámica, coa artista local Martina Beceiro ao fronte, de Mai Estudio.

Deste xeito, sumaranse á exposición as creacións realizadas nas clases. Nos dous casos, as actividades resultan tamén un punto de encontro interxeracional, xa que nelas participan nenas e nenos e persoas adultas, que comparten coñecemento e talento  creativo.

 

Lea también

La Plataforma en Defensa del Patrimonio Industrial de As Pontes levanta el encierro tras el compromiso del alcalde

El Ayuntamiento asegura que la declaración de la chimenea como BIC avanza favorablemente. La Plataforma …