Esquerda Unida de Narón denuncia deficiencias graves que poñen en risco a seguridade alimentaria no CEIP A Solaina

O comedor do CEIP A Solaina de Narón atópase nunha situación «crítica» que supera a mera falta de mantemento estrutural para converterse nun problema de saúde pública para o alumnado.

Comedor do CEIP A Solaina. Fot-Esquerda Unida de Narón

Esquerda Unida de Narón denuncia nun comunicado remitido ós medios de comunicación que tras o traballo de campo realizado coa ANPA do centro concluen que as «actuais condicións do servizo impiden garantir a seguridade alimentaria básica, poñendo en perigo especialmente aos menores con alerxias e intolerancias». A problemática é múltiple e de carácter urxente, segùn denuncia a formación naronesa:

Saturación e espazo insuficiente: O comedor é un espazo tan reducido que os alumnos deben compartir as mesas coa zona de almacenamento e manipulación da comida, o que impide manter as distancias e a hixiene necesarias.

Imposibilidade de evitar a contaminación cruzada: Esta falta de espazo físico fai imposible garantir a separación necesaria entre menús, algo vital para os nenos e nenas celíacos ou con outras alerxias graves, existindo un risco constante de contaminación cruzada durante a manipulación e servizo do catering.

Intensidade de uso: O centro conta co programa Madrugadores da Xunta de Galicia, polo que o espazo recibe un uso continuado desde primeira hora da mañá. Esta alta ocupación diaria, sumada á necesidade de organizar a comida en dúas quendas, complica aínda máis a limpeza e a desinfección adecuada das instalacións, multiplicando os riscos para os usuarios.

Xestión operativa deficiente: A falta de separación física entre a cociña e o salón de comedor dificulta gravemente o labor do persoal nunhas instalacións xa de por si masificadas.

Comedor do CEIP A Solaina. Fot-Esquerda Unida de Narón

Desde Esquerda Unida de Narón, «esixen» á Xunta de Galicia unha solución inmediata. “Non se pode xogar coa saúde dos nosos nenos e nenas”. É imperativo habilitar un espazo que cumpra coas normativas hixiénico-sanitarias vixentes e que garanta que o servizo de comedor sexa seguro para todo o alumnado, incluíndo aqueles con necesidades dietéticas especiais. Todo esto sumado ao resto dos problemas do centro que «xa denunciou o noso grupo con anterioridade», declara EU de Narón.

Lea también

Un hombre herido tras una salida de su vehículo, que colisionó contra un poste, en Narón

Pasadas las siete de la mañana de este miércoles, día 10 de junio, se registró …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *