Valdoviño programa a proxección do documental “O Segredo da Frouxeira”

O pase forma parte das Actividades de Recuperación da Memoria Democrática, e terá lugar no auditorio, ás 19:00 horas.

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a asistir este sábado 30 de maio á proxección do documental “O Segredo da Frouxeira”, de Xosé Abad.

O pase terá lugar ás 19:00 horas no auditorio da casa da cultura, e inclúese nas Actividades de Recuperación da Memoria Democrática que a Administración local impulsa ao longo do ano co apoio da Deputación Provincial da Coruña. Neste caso, tamén coa colaboración da Asociación Memoria Histórica Democrática.

“O Segredo da Frouxeira” profundiza na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas. Este documental presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe.

A cinta recolle o testemuño de familiares e expertos, tecendo un relato sobre a represión, o silencio e a dignidade das vítimas.

Lea también

La Escuela de Música Municipal de Ortigueira abre el plazo de prematrícula para el curso 2026/27

  La Escuela de Música Municipal de Ortigueira informa a toda la ciudadanía del inicio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *