O Concello de Ferrol organiza este evento que contará coas actuacións dos humoristas Oswaldo Digón e Marta Doviro.
A concellería de Política Social organiza, coa colaboración de ALCER (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril), unha gala solidaria para apoiar o labor que desenvolve a entidade e contribuír a dar visibilidade á enfermidade renal crónica, así como concienciar á cidadanía sobre a importancia da doazón de órganos para transplante.
Entre os principais obxectivos de ALCER están mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal en todos os seus ámbitos, fomentar a prevención e impulsar a investigación da enfermidade renal crónica.
A gala celebrarase o mércores 2 de decembro no teatro Jofre e estará conducida pola xornalista Natalia Anguita.
O evento contará tamén coas actuacións dos monologuistas Oswaldo Digón e Marta Doviro, que achegarán o seu humor a esta iniciativa solidaria.
As persoas asistentes poderán colaborar coa causa mediante a realización de donativos, contribuíndo así ao labor que desenvolve ALCER en apoio ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.