A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde do concello coruñés de Ortigueira, Valentín Calvín, con quen avaliou o grao de execución das actuacións que se están a levar a cabo neste concello para favorecer a prevención dos incendios forestais na zona.

Entre outras cuestións, tamén avaliaron a posibilidade de establecer novas liñas de colaboración para apoiar a celebración de eventos que potencien o sector agroalimentario da localidade, como é o caso da XXXVI Feira do Mel de Ortigueira.

Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.