Valdoviño celebra un curso de operacións forestais

Seis veciños iniciaban na mañá do luns 27 de abril o curso de operacións forestais que organiza o Concello de Valdoviño ao abeiro do Plan Mellora, un programa co que ampliar as posibilidades de inserción laboral de persoas empadroadas en situación de desemprego mediante accións formativas ligadas a sectores de alta demanda.

Neste caso, o curso consta de 80 horas divididas en tres módulos: desbroces, traballos con motoserra e labores vinculadas á froiticultura. De carácter eminentemente práctico, desenvolverase entre abril e maio no local social de Sequeiro.

Lea también

Fuentes (Indra) prevé que el 80% de los trabajadores de la fábrica de As Pontes sean de la comarca

El director de fabricación y cadena de suministro de Indra, José Manuel Fuentes, ha avanzado …