A alcaldesa de Narón recibe unha representación de Aspaneps con motivo do seu 45+1 aniversario

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu este luns no Concello unha representación da asociación Aspaneps, entidade sen ánimo de lucro de referencia na comarca no ámbito da atención a persoas con discapacidade intelectual e do apoio ás familias.

Xuntanza Aspaneps con la alcaldesa de Naron

Aspaneps desenvolve desde hai máis de catro décadas un traballo centrado na inclusión social, a atención temperá, o acompañamento educativo e o impulso de servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida de persoas con diversidade funcional e da súa contorna familiar. A entidade mantén unha relación estable e continuada co Concello de Narón, que vén colaborando con diferentes iniciativas, programas e accións de sensibilización e apoio ao longo dos anos.

A xuntanza enmárcase na preparación da conmemoración do 45+1 aniversario de Aspaneps, unha efemérede coa que a asociación quere poñer en valor a súa traxectoria e evolución, así como reforzar o seu compromiso de futuro. O
acto central terá lugar o próximo 16 de outubro en Ferrol e contará coa participación de profesionais, familias e especialistas vinculados aos ámbitos da infancia, a xuventude e a discapacidade.

Durante o encontro, a alcaldesa agradeceu a invitación e destacou a importancia do labor que realiza a entidade na comarca, subliñando o papel esencial que desempeña na construción dunha sociedade máis inclusiva.

Marián Ferreiro puxo en valor a colaboración entre Aspaneps e o Concello de Narón, “unha relación consolidada ao longo do tempo que permite avanzar enpolíticas sociais máis próximas, humanas e eficaces”, e expresou o apoio municipal a esta celebración como recoñecemento á traxectoria da entidade.

Lea también

A Deputación adxudica por 234.225 euros as obras que completarán a senda peonil da estrada de San Xiao, en Narón

A actuación dará continuidade ao itinerario peonil na DP-5401, que conecta o núcleo urbano co …