Os equipos Robot City Pobra, de Ribeira, H4ckz4pos de Narón e Montecastelo Bot de Vigo representarán a Galicia na gran final nacional da First Lego, en Burgos

Máis de 450 mozos e mozas de entre 5 e 16 anos participaron, este sábado 14 de marzo, na décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) que tivo lugar no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos
Proxectos de Innovación realizáronse na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) mentres que o Xogo do Robot se disputou no Pavillón Municipal de Esteiro.

Pola súa banda, o Auditorio de Ferrol acolleu o acto de entrega de premios, xa en horario de tarde, ao que asistiron participantes, autoridades e familias.

Logo dunha intensa mañá de presentacións, probas e de moitos nervios, o equipo ROBOT CITY POBRA, de MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña), acadou o Primeiro Premio Ingenier@ Soy ao Gañador.

Pola súa banda, o equipo H4CKZ4POS, de Gazapo Xestión (Narón, A Coruña), logrou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador. E o equipo Montecastelo BOT, do Colexio Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra), o Terceiro Premio Campus Industrial de Ferrol ao Gañador.

Deste xeito, ambos os tres equipos conseguen clasificarse para participar na gran final nacional da FIRST LEGO League que terá lugar, da man da Universidad de Burgos (UBU), o próximo 11 de abril, no Fórum Evolución –Palacio de Congresos y Auditorio desta cidade da Comunidade de Castela e León.

Entrega dos premios

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra, foron os encargados de
entregarlles os trofeos aos tres equipos gañadores.

Con todo, no acto de entrega de galardóns tamén participaron o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey; o director territorial da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, Juan José Couce; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons; a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; ou a deputada de Emprego, Industrial,
Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, entre outras autoridades.

Premiados

– Primeiro Premio Ingeniera Soy ao equipo gañador – ROBOT CITY POBRA, de MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

– Segundo Premio Universidade da Coruña ao equipo gañador – H4CKZ4POS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

– Terceiro Premio Campus Industrial de Ferrol ao equipo gañador – Montecastelo BOT, do Colexio Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

– Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST – CTRL+T, das IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

– Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, de MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

– Terceiro Premio aos Valores FIRST – Brain Builders, do IES Llanes (Llanes, Asturias)

– Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación – ArqueOrt, do IES Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)

– Segundo Premio Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) ao Proxecto de Innovación – STEAM GIRLS Las Acacias, do Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

– Primeiro Premio ao Deseño do Robot – MEGA BUILDER TEAM, de MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

– Segundo Premio ao Deseño do Robot – TEAM KRAKEN, do Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

– Primeiro Premio ao Comportamento do Robot – Montecastelo BOT, do Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

– Segundo Premio ao Comportamento do Robot – H4CKZAPOS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

– Premio .GAL ás Novas Promesas – NATURALAXE, do CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña)

– Premio Gabadi á Excelencia en Enxeñaría – Kraken Girls, do Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

– Premio ao Emprendemento – R4PZ4POS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

– Premio ao Compañeirismo Extraordinario – PEÑA BOTS, do Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

– Primeiro Premio ao Adestrador/a – Andrea Iglesias e Lidia Abuín – NATURALAXE, do CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña)

– Segundo Premio ao Adestrador/a – Irene Montenegro e María Ángeles Ruíz-Matas – Equipo Carvalho, do IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol,  A Coruña).

A FIRST LEGO League Galicia 

A FIRST LEGO League Galicia reuniu no Campus Industrial de Ferrol a 53 equipos de distintos puntos da comunidade e de Asturias

Nesta décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia, o Campus Industrial de Ferrol reuniu a un total de 53 equipos (32 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e a máis de 450 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra, puido seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) promoveron, un ano máis, unha iniciativa na que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración -, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia o Grupo Gabadi, a través da Cátedra Gabadi UDC Avelino Llago, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadisa, Neodyn, ERROR! Ferrol, PuntoGal e TodoOcio Narón.

 

Lea también

Xunta, UDC y el alcalde de Ferrol acuerdan el calendario para crear un centro de investigación en el Campus Industrial

El Gobierno gallego firma un convenio con entidades de atención a la diversidad para reforzar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *