Unha unidade móbil para a doazón de sangue visita Narón

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón o vindeiro mércores 21 de xaneiro.
 
 
O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar.
 
As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico.
 
O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos. ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas.
 
Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

Lea también

Narón lembra as vítimas do Holocausto cunha semana de actos centrados na memoria dos galegos deportados

O Concello de Narón organiza, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD), un programa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *