Narón abre o prazo do programa ‘INDI’ de informática divertida para menores

O Concello de Narón activa unha nova edición do programa municipal educativo ‘INDI’ de Informática Divertida, unha proposta pensada para achegar a programación e a robótica ao alumnado máis novo dun xeito práctico e ameno.
 
 
A actividade está dirixida a rapaces empadroados en Narón con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, que se poderán inscribir desde este martes 9 ata o 15 de decembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica.
 
As sesións desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia e tamén en Doso, O Val, Castro, Pedroso, San Mateo, San Xiao e Sedes, permitíndolle ao alumnado participar en diferentes localizacións do municipio. A inscrición pode tramitarse ata o 15 de decembro no Rexistro Xeral do Concello ou na sede.
 
As prazas —12 por quenda— adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, coa comunicación ás persoas admitidas prevista entre o 16 e o 18 de decembro. O programa desenvolverase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, de luns a venres (agás o 25 de decembro, o 1 e o 6 de xaneiro), cunha edición de mañá —de 10.30 a 13.30 horas— e outra de tarde —de 16.00 a 19.00 horas—.
 
Ao longo das sesións, os participantes aprenderán programación de videoxogos mediante bloques, pensamento computacional offline, mecanografía divertida, creación de personaxes en pixelart, programación con simuladores de robótica e elaboración de cómics dixitais, unha combinación de actividades pensada para estimular a creatividade e o pensamento lóxico.
 
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Concello a través do 981 337 700 (ext. 1502).
 

Lea también

Náutico de Narón tras una gran actuación de sus nadadores se pone líder de la segunda división

El Náutico de Narón después de una gran actuación de sus nadadores se pone líder …