O BNG sinala que o PP limita o debate político no Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego enviou unha nota aos medios de comunicación na que sinala que «considera que o Partido Popular esta a utilizar a súa maioria absoluta para limitar o debate político e para limitar os dereitos dos grupos municipais de poder contar coa información necesaria, coa antelación precisa, para estudar e poder posicionarmonos sobre os temas que afectan ao noso Concello.

O BNG enmarca neste recorte de dereitos a súa decisión de abandonar o pleno ordinario, celebrado na tarde de onte, e debido à reiterada actitude do Partido Popular de entregar, aos grupos municipais, con retraso e sen tempo suficiente, alguns o mesmo día, os informes precisos para abordar cuestións de trascendencia para o concello e para o futuro dos seus traballadores como son a supresión dos Patronatos, do Imfacofe ou o convenio de Bombeiros.

O acontecido no  paado Pleno, non é unha cuestión illada no funcionamento municipal nen unha anécdota, é unha forma de actuar que se enmarca na dinamica a desenvolver por esta Goberno municipal e que sirva como exemplo o modo no que se presentan os orzamentos municipal dos últimos anos, limitando ao máximo o tempo para a súa análise e sen aprtar a información necesaria para facilitar o seu estudo.

O BNG lémbralle ao Partido Popular que a administración municipal non pode actuar en base a “actos de Fe” como pretendeu facer Rey Varela coa aprobación na tarde de onte do convenio de bombeiros. Rey Varela, levou a pleno este convenio cuxo texto só o coñecía o Goberno Local».

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …