O alcalde presenta a programación de actividades no Jofre para o primeiro trimestre de 2013

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, presentaron  a programación do Teatro Jofre para o primeiro trimestre de 2013, cuxo contido “pon de manifesto a sensibilidade do goberno local coa cultura para todos os gustos e públicos”, e que fará que o vindeiro ano Ferrol sexa de novo “referente para toda a comarca en oferta cultural, distinguíndonos como faro cultural, como sempre foi a nosa cidade dende a súa fundación”.

Foi o titular de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado o encargado de detallar polo miúdo o contido da oferta cultural do teatro municipal para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro ano. “Todos os meses haberá no Jofre teatro, musicais infantís, música clásica e grandes concertos dentro do ciclo Son (S) do Jofre”. Así, o edil ferrolán explicou que se continua co teatro infantil, engadindo novas actividades para os máis novos as tardes dos domingos. Tamén repetirá a ópera, un xénero moi demandado na cidade. García Hurtado citou algunhas das grandes citas culturais que inclúe a nova programación do Jofre hoxe presentada. En concreto, referiuse ás obras de teatro “Babel” (9 de febreiro); “El show de Kafka” (9 de marzo) e “Subprime” (23 de marzo); así como ao musical infantil “El Gran Juego de Verdi” (27 de enero), e á ópera “Nabuco” (24 de febreiro).”Ferrol non é diferente a outras cidades, e o que é bo e ten éxito fóra tamén trunfa no noso municipio”.

Para rematar, o concelleiro de Cultura asegurou que a programación para o primeiro trimestre de 2013 “está entre a mellor oferta cultural de Galicia, propia do que sen dúbida é o mellor teatro do norte da Comunidade”. E, ao fío disto engadiu, que “Ferrol e o Jofre serán no 2013 porto de desembarco das grandes actuacións e eventos culturais que terán lugar o vindeiro ano por toda Galicia”.

 

Descarga toda la programación aquí.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …