Neda celebra a reunión de seguimento da súa Mesa de coordinación contra a violencia de xénero

O Concello de Neda celebraba este xoves unha nova reunión de seguimento da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. O encontro, presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, e pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, serviu para repasar accións impulsadas durante o último semestre no eido da igualdade, así como para abordar novos retos en materia de prevención.

No transcurso do encontro, a responsable autonómica puxo en valor o traballo realizado pola Mesa tanto para mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero como para optimizar a cooperación dos axentes implicados. Pola súa banda, o Concello referendou a súa aposta por reforzar as accións en materia de sensibilización. Nesta liña, cabe apunta a intención de dotarse dun novo Plan de Igualdade, que permita avanzar cara a unha igualdade real.

A Mesa contra a violencia celebrouse tras a reunión do Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Viogén) na que participaron Garda Civil e Policía local, xunto aos membros deste equipo especializado, e representantes do goberno local.

Cómpre lembrar que, tras a adhesión de Neda ao sistema, os axentes municipais asumen o seguimento e control dalgúns dos casos considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado que hai na localidade, ocupándose a Garda Civil dos de maior risco.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *