Aberto en Ferrol o prazo para o curso de introducción á lingua e á cultura galegas

Está dirixido a maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.

A Secretaria Xeral da Lingua, no marco das accións promovido no pacto pola lingua, pon en marcha os Cursos de
introdución á lingua e á cultura galegas. En colaboración co Concello de Ferrol ofrécese esta iniciativa de formación, dirixida a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez á lingua galega.

O Concello de Ferrol solicitou a colaboración da Escola Oficial de Idiomas, quen pon a disposicion un espazo no que poder desenvolver este curso de 20 horas, ao que poderán asistir un mínimo de 10 persoas e un máximo de 20. O curso celebrarase do 19 ao 28 de novembro en horario de 15.30 a 18.00 horas. A modalidade é presencial, e ao finalizar o curso, o alumnado recibirá un diploma.

A inscrición poderá realizarse ata o 18 de novembro a través do mail gnl@ferrol.es, na sede electrónica do Concello de Ferrol e presencialmente no Rexistro Xeral da Casa do Concello.

Folla de inscrición curso(2)

Lea también

Las entidades sociales de Ferrol se unen para promover la X Solidaria en la declaración de renta

El viernes 17 de abril de 2026, a las 11:30 horas en la plaza de …