A Deputación destina preto de 4 millóns de euros a impulsar o deporte coruñés

O BOP publica as bases de seis liñas de subvencións que a administración provincial destina ás entidades da provincia. O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca “o apoio fundamental da Deputación ao deporte de base, a través axudas que garanten que todas as persoas poidan acceder á práctica deportiva”

Fuente diputación de A coruña

A Deputación da Coruña apoia o deporte coruñés coa convocatoria de seis programas de axudas dirixidas a entidades e clubs sen ánimo de lucro que supoñen un investimento total de 3.925.000 euros para o ano 2026.

O obxectivo destas axudas, publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é fomentar a práctica deportiva en todos os niveis, promover o deporte inclusivo e a igualdade de xénero, e contribuír á mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos, así como á organización de grandes eventos.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca “o apoio fundamental que sempre brindamos desde a Deputación da Coruña ao deporte de base, neste caso a través de axudas que garanten que todas as persoas, independentemente de onde residan ou do club ou entidade do que formen parte, poidan acceder á practica deportiva en igualdade de condicións”.

Seis liñas para cubrir todas as necesidades

Por unha banda, destínanse 550.000 euros para que as entidades modernicen as súas instalacións, coa adquisición ou rehabilitación destas; e para mellorar as condicións da práctica deportiva a través da compra de novo material e equipamento.

Outra das liñas está dirixida a financiar a adquisición de vehículos, novos ou usados, así como a súa adaptación e rotulación. Neste caso o orzamento é de 125.000 euros.

A Deputación aposta tamén por apoiar eventos deportivos de especial relevancia. Esta liña, dotada con 500.000 euros, está dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro que organicen eventos incluídos no calendario de competicións oficiais.

Que os clubs con equipos ou deportistas que formen parte de competicións federadas poidan financiar os gastos derivados da súa participación é outra das necesidades que cobren as axudas provinciais. Para isto, destínanse 1.000.000 de euros para as de ámbito local, provincial ou autonómico e 1.200.000 euros para as nacionais e internacionais.

Por último, existe unha liña de axudas dotada de 500.000 euros para sufragar os gastos de actividades de promoción e difusión da actividade física. Neste caso hai tres modalidades: actividades conducentes á mellora da condición física, o deporte de carácter afeccionado e a participación en competicións non federadas; a promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante accións de formación, difusión e divulgación do deporte; e a organización de competicións federadas ou non federadas.

Lea también

Narón celebra o seu Día cunha andaina popular: inscricións abertas ata o 18 de novembro

O Concello de Narón, a través do Servizo de Deportes, organiza unha nova edición da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *