Os Reis Magos visitaron a os nenos dos colexios San Isidro e Maciñeira de Neda

Os Reis Magos responderon positivamente á invitación cursada polo Concello de Neda para visitar os centros educativos da localidade e atender as peticións e desexos do seu alumnado. Así, os nenos e nenas do colexio San Isidro e Maciñeira puideron disfrutar da presenza das súas maxestades de Oriente e compartir con eles un almorzo especial a base de zumes, galletas e golosinas (adaptado tamén aos nenos e nenas celiacos).

Así mesmo, a concelleira de Educación e Cultura, Eva Olmo, fixo entrega dos premios do concurso de postais promovido polo Concello de Neda nos centros educativos da real vila. Premios que consistiron en lotes de libros.

Lea también

El equipo de albañiles del Plan de Empleo Local de Neda ya está operativo

La cuadrilla municipal de obras, contratada a través del Programa de Empleo Local (PEL-Concellos), que …