A campaña «Este verán, antes de viaxar, doa sangue» continúa en Valdoviño

A campaña «Este verán, antes de viaxar, doa sangue» continúa este venres en Valdoviño, e tras o seu paso pola casa do Concello no día de onte, a unidade móbil da Axencia de doazón de órganos e sangue desprazarase esta tarde á Cooperativa de Meirás.

Permanecerá no estacionamento de 16 a 21 horas. A iniciativa, coa que colabora o Concello, busca concienciar da importancia de manter na época estival as reservas dos hospitais para poder facer fronte ás 2.800 urxencias, 800 intervencións quirúrxicas e posibles transplantes de órganos e atención en hospitais que se rexistran cada xornada.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …