Campus Chiquibásquet pecha en Ares a súa edición de verán

A 17 edición do Campus Chiquibásquet, impulsado por Chiqui Barros e o Concello de Ares, vén de concluír o venres pasado no pavillón polideportivo municipal, transformado en centro de entrenamento e diversión arredor do baloncesto durante toda unha semana.

Fuente Concello de Ares

Alí, os promotores do Campus e a concelleira de Deportes, Alma Barrón, celebraron a clausura oficial desta última edición o mesmo venres.

Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares

Mozos dende os 5 ata os 22 anos encheron a totalidade das prazas e participaron do ambiente lúdico-formativo do Campus, un clásico no período estival do municipio. Divididos por idades e niveis técnico-tácticos, os grupos seguiron as instrucións de Chiqui Barros e o seu equipo de monitores para mellorar nas súas destrezas baloncestísticas, mais tamén para pasalo ben.

Fuente Concello de Ares

Ao carón de Chiqui estiveron Simón Bermúdez, Sergio Fernández, Felipe Montero ou Verónica González, xunto con convidados como Alberto Rodríguez, Manuel Carballeira, Jorge Varela ou o árbitro de ACB Carlos Cortés.

Lea también

Dennis Berthod continuará en O Parrulo Ferrol en Primera División

O Parrulo Ferrol sigue dando a conocer a los integrantes de su equipo en esta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *