Psoe Ferrol alerta das numerosas queixas veciñais pola falta de mantemento da cidade

”É imposible atender as necesidades de Ferrol se o alcalde está permanentemente en Madrid”,  lamentou Julián Reina, que sinalou un “problema grave de descoordinación” entre os servizos municipais por parte do goberno local. 

O concelleiro socialista Julián Reina mostrou hoxe a súa preocupación  pola falta de mantemento que existe en Ferrol. Ademais das numerosas incidencias que ten constatado o  propio Grupo Municipal do PSdeG, alertou das moitas queixas que está trasladando a veciñanza. 

Durante a reunión semanal da Comisión de Urbanismo, Reina advertiulle ao goberno local que a súa  falta de capacidade para coordinar os distintos servizos municipais “afecta á vida cotiá en todos os barrios”.  Nese senso, sinalou que se producen situacións como que na mesma rúa traballe persoal de limpeza  recollendo o lixo e non se envíe a ninguén a retirar as follas que caen das árbores, un labor que lle  corresponde a outro servizo, cuxos operarios se atopan noutro barrio. 

Outro exemplo é cando se actúa nunha praza e non se lle toca ao parque infantil, porque o goberno local carece da mínima planificación”, engadiu o edil socialista, que lamentou a incapacidade do PP para acometer traballos integrais. “Se reparan unha focha, deixan unha lámpada fundida”, criticou. 

Julián Reina denunciou que a cidade “nunca estivo en peor estado”, e apuntou as continuas ausencias do alcalde como unha das causas. Por iso o invitou a “mirar máis por Ferrol e menos polo seu posto de  senador” e a coordinar e planificar o traballo dos servizos municipais para que actúan de xeito integral en  cada barrio e o deixen en perfecto estado de conservación, “en vez de empuxalos a actuar por inercia e sen  visión de conxunto, reclamándoos en diferentes lugares da cidade a golpe de ocorrencia”

Lea también

Rey Varela quiere “lograr consensos” en la nueva ordenanza de ruidos

La nueva ordenanza de ruidos en Ferrol no está todavía en vigor, pero está dando …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *